Peza teatral

LIBERTO

Cando nace Liberto a vida de Ada frea en seco.

Durante o parto, o neno quedou uns intres sen osíxeno.

Dende ese momento, a vida fai equilibrios entre a esperanza e o medo.

FICHA TÉCNICA

Sobre o espectáculo

Autoría: Gemma Brió
Elenco: Rocío González, Cris Iglesias e Lucía Aldao
Produción Executiva: Luisa Romeo, Xacio Baño
Escenografía e iluminación: J.M. Faro “Coti”
Son: Jas Processor
Música orixinal: Lucía Aldao
Coreografía: Rut Balbís
Tradución: María Vázquez e Tamara Canosa
Dirección e adaptación: Tamara Canosa
Duración: 80 minutos

De que vai

Dende unha sala de espera, dúas actrices acompañadas de música en directo interpelan directamente ao público reivindicando o imperfecto, o humano e axudándonos a comprender que a propia morte é parte da vida.
 
Liberto é un espectáculo que revisa os límites socialmente acordados. Un relato honesto de como xestionar a dor e de como seguir avanzando. Un proceso pegado ao primitivo, á conexión co noso animal, e por iso, contra todo pronóstico, cheo de vitalidade.
 
 

Paxariños que voades
polas follas dos loureiros,
deixade durmir ao neno
que está no sono primeiro.

NÓS

ELENCO

Rocío González

Formouse como actriz na escola Espazo Aberto e en diversos cursos especializados durante máis de dúas décadas.

Comezou a súa carreira profesional no ano 2002 da man de A Factoría Teatro. Traballou con moitas das máis importantes compañías de teatro de Galicia, como Eme2, Contraproducións ou Teatro de Ningures, entre outras, ademais de no Centro Dramático Galego. Suma decenas de montaxes teatrais como actriz, sendo unha das profesionais da escena galega máis versátiles e recoñecidas.

Cris Iglesias

Actriz, bailarina e percusionista, é titulada Superior en Arte Dramático e interpretación Textual pola Esad Galicia. Traballou como actriz en coñecidas series como Fariña, Pazo de familia e Serramoura, entre outras.

Xirou coa prestixiosa compañía de teatro Chévere e a día de hoxe acumula recoñecementos polos seus traballos no teatro e no cinema. 

Lucía Aldao

Lucía iníciase na poesía durante a adolescencia, etapa na que se fai con numerosos premios literarios para novos creadores (O Facho, Francisco Fernández del Riego, GZCrea, ou varios premios Minerva, entre outros). O seu éxito lévaa a estender as súas actividades, levando unha carreira paralela no mundo da música, do guión e da animación cultural.

É unha poeta oral que leva máis de media vida recitando de xeito profesional nos escenarios máis variados. Acaba de publicar o seu primeiro poemario «Todo isto antes era noite», un éxito editorial das nosas letras.

GEMMA BRIÓ

Autora

Actriz e Dramaturga Licenciada en arte dramático no Institut del teatre de Barcelona e formada en dramaturxia nos cursos de l’Obrador de la Sala Beckett en Barcelona.

Con Liberto, a súa primeira obra escrita, é finalista do PREMIOS MAX como AUTORÍA REVELACIÓN e acada o PREMIO BUTACA AO MELLOR TEXTO TEATRAL.

TAMARA CANOSA

Directora

Actriz profesional con máis de vinte anos de experiencia e feminista experta en perspectiva de xénero. Empezou a súa carreira na pequena pantalla nos anos noventa.

Dende entón, alterna cinema, teatro e televisión. Liberto é a súa primeira peza teatral como directora.

#sororidade #resiliencia #espera
#amor #música #creacióndemulle
res #teatrosocial #ser #tribo #teatroengalego #empoderamento #muller #desmitificacióndamaternidade 

O TEXTO

Finalista
PREMIOS MAX
AUTORÍA REVELACIÓN.
PREMIO BUTACA
MELLOR TEXTO TEATRAL

A OBRA

ONDE E CANDO

XIRA

  • 28/11/21 MOS
  • 19/11/21 MALPICA
  • 07/11/21 SADA
  • 06/11/21 PADRÓN
  • 21/05/21 A ESTRADA
  • 20/05/21 LUGO
  • 07/05/21 AMES
  • 07/12/20 A CORUÑA
  • 04/12/20 NOIA
  • 27/11/20 O BARCO DE VALDEORRAS
  • 24/10/20 VIVEIRO
  • 23/10/20 ARTEIXO
  • 17/10/20 CARBALLO - FIOT en PAUSA
  • 21/07/20 RIBADAVIA - MIT
  • 14/07/20 CANGAS - MOSTRA INT. TEATRO CÓMICO
  • 10/07/20 SANTIAGO DE COMPOSTELA - T. PRINCIPAL
  • 09/07/20 SANTIAGO DE COMPOSTELA - T. PRINCIPAL
  • 28/02/20 VIGO
  • 19/12/19 PONTEVEDRA
  • 05/10/19 OLEIROS
  • 10/06/19 GALICIA ESCENA PRO
  • 13/04/19 TEO - RAMALLOSA
  • 03/03/19 A CORUÑA - ESTREA -
"Todo desprende verdade, todo ten o latexo desa actualidade corrente que golpea nos momentos máis inesperados."
"É unha peza que te atrapa dende o minuto un ata o final"
"LIBERTO, mulleres libres que se atreven co máis difícil e que nos fan elevarnos da miseria. ¡Canto desfrutei vendo LIBERTO!"
PRODUCE

Email: tamara @ rebordelos.com

FACEBOOK LIBERTO
DISTRIBUCIÓN

Email: info @ culturactiva.org

 http://www.culturactiva.org
SUBVENCIONA
COLABORA